A RAZA GALEGA NOS MÉDIOS DE COMUNICACIÓN

Faro de Vigo. Luns, 1 de marzal do 1999. pax 9

O território galego conserva a porcentaxe máis alta de povoación autóctona, case un 75%.

A POVOACIÓN GALEGA AMOSA-SE COMO A DE MENOR MESTURA XENÉTICA DE TODA ESPAÑA (sic)

Un estudo da Universidade de Santiago revela que a orixe xenética dos galegos provén da expansión dos povos que habitaban o médio leste euroasiático hai 40.000 anos

 

Os galegos proceden da expansión dos povos que habitaban no médio leste euroasiático no Paleolítico superior, hai uns 40.000 anos. Unha povoación ancestral que comparte características comúns co Pais Basco ou Catalunya, co Norte de Portugal e o Sul de Franza. Con posterioridade, en Galiza asenta-se un povo centroeuropeo, procedente da cultura celta. O terceiro aporte xenético dos galegos chega coa romanización.

Estes dados están recopilados polo catedrático de Antropoloxia da Universidade de Santiago, Xosé Luís Blazquez Celeiro, quen en colaboración co Instituto de Medicina Legal, dirixe desde hai 16 anos unha investigación sobre a orixe xenética do povo galego.

En Galiza, como consecuéncia do factor xeográfico e do escaso recámbio de povoación, mantivo-se unha distáncia xenética maior con respeito ao resto das zonas da Península Ibérica. É a zona de España (sic) con maior percentaxe de povoación autóctona, cerca dun 75 por cento, fronte ao, por exemplo, cinco por cento do País Basco, segundo amosa a investigación de Xose Luís Blazquez.

Prototipo

A investigación non trata de estabelecer teorias sobre a superioridade xenética, nen sobre a pureza de sangue, senón de coñecer a formación xenética dos galegos. Na España (sic), a zona onde menos mesturas xenéticas se teñen producido é Galiza . É onde a hibridación ten sido menor.

"Ao falar destes temas pode facer-se unha leitura interesada, política, e non ten que ser necesáriamente asi", advirte o catedrático de Antropoloxia da Universidade de Santiago. "Non existe un prototipo de povoación galega, como non existe un prototipo de povoación basca, porque existe unha heteroxeneidade moi forte, pero sí que existen diferéncias sobre os aportes xenéticos en cada zona".

En Galiza existe incluso diferéncias xenéticas en función de cada território. Nas Rías Baixas descubriu-se un aporte mediterráneo relevante, en Ourense apresentan máis similitudes coa Meseta, namentres que na Terra Cha (Lugo) as incorporacións xenéticas novas son menores polo que subxace con máis intensidade o sustrato orixinário da povoación centroeuropea. Nen o clima nen a alimentación inflúen nas modificacións xenéticas da povoación. As peculiares características orográficas de Galiza sí que provocaron en cámbio diferentes "subestructuras" xenéticas na povoación ubicada no território galego.

"As barreiras xeográficas entre povos impediron as mesturas. En Galiza existe unha maior heteroxeneidade que en Castela, onde a povoación mesturou-se mái entre si", advirte o catedrático de Antropoloxia.

Baixo, ancho, rubicundo e coloradiño-

As investigacións sobre a orixe xenética dunha povoación utilizaban nun princípio unha base en función do tipo sanguíneo. Xose Luis Blazquez considera que esa medida esta superada.

As investigacións do departamento de Antropoloxia da Universidade de Santiago e do Instituto de Medicina Legal tratan agora de discernir a orixe xenética pola xeración de determinados tipos de proteína e encinas asi como os marcadores de ADN (Ácido Desoxirribonucleico).

A selección da povoación investigada efectuou-se segundo mostras aleatórias nas cales non inflúen nen a idade nen o sexo. "Dos indivíduos analisados obtemos unha série de marcadores xenéticos moleculares de ADN para saber o xenotipo. A partir deses xenotipos temos unha frecuéncia alélica. As frecuéncias alélicas son características de diferentes povoacións de xeito que duas povoacións xenéticamente próximas apresentan maior similitude de frecuéncias alélicas", explica Xose Luis Blazquez.

Como consecuéncia das diferentes aportacións xenéticas o perfil do galego é o dunha persoa de complexión máis ben baixa, ancho, forte, rubicundo e coloradiño. "Non por ser un estereotipo deixa de ser menos real".

O aporte xenético celta á povoación galega está demostrado científicamente

Mais non é un rasgo exclusivo do território galego. "O prototipo celta atopa-se en Galiza", afirma o catedrático de Antropoloxia de Santiago.

"Aparte", agrega "é que a cultura celta forma parte da mitoloxia, da arqueoloxia, do perfil cultural dunha Galiza prerromana".

Voltar á páxina principal