A Páxina das Ranciadas
Rancear, Ranciada ou Ráncio son termos que precisan dunha explicación para os non iniciados no ambientiño nacional-popular compostelán.
Cando aparecen novos conceitos, a língua adapta-se á realidade oferecendo termos que os designen. E isto foi o que aconteceu a meiados dos 90 cando a mocidade patriota que se concentraba durante o curso en Compostela empezou a xeralizar estes termos para algo que de feito practicaban.
O povo galego, despois de 500 anos de escravitude colonial precisaba desquitar-se e superar o auto-ódio e o complexo de inferioridade inculcado polos invasores españois. Asi é que a xeración máis nova de galegos/as, superando complexos, exercendo ao grau máximo a retranca e aproveitando as perlas deixadas por patriotas nacionais (Vicente Risco, Pondal... ) ou extranxeiros (Sabino Arana...) empezou a practicar un novo arte: RANCEAR.
A ranciada, o rancear, son frases, conversas, mestura de chauvinismo con retranca e irracionalidade consciente. A maioria delas poderia raiar a xenofóbia e o racismo anti-mesetário; pero están abondo xustificadas entre os ráncios pola consciéncia de que o que se di é unha ranciada, e ademáis.... Que despois de 500 anos temos direito á revancha, que carallo!!!!!
Nota: O autor orixinal decidiu re-abrir esta páxina tras dun tempo prudencial na que a mantivo fechada para evitar tensións no seu entorno.
Agradece moito as mostras de solidariedade recebidas e en especial aos amigos e compañeiros que fixeron versións paralelas solidárias con esta web. Non deixes de visitalas, xa que algunhas foron mesmo melloradas a respeito da versión orixinal:
http://lobican.pvirt.com (especialmente recomendada)
"Tal vez o soño de determinados paraísos perdidos nos levaron a esaxerar rasgos historicistas en detrimento de princípios cívicos que fundamentasen a idea de Galiza, que tamén os temos. Ese afán por posuír o onte alónxa-nos de princípios baseados máis na liberdade da nación que na etnicidade, como explica Ramón Máiz, pero os galegos chegamos a perdelo todo, a non ser nada (efectivamente) nun pasado recente e só o que morrera era o noso, só era noso o que perdéramos, a glória ucrónica celta, a dourada Idade Média e a harmonia da aldea, que nos acompañou até hai ben pouco. Hoxe xa non. Hoxe xa podemos comezar a ser referenciándo-nos no poder que imos construíndo e na sociedade que imos tecendo".
Estudo antropolóxico que demostra que o ADN dos galegos é diferente ao dos españois
Artigo no Faro de Vigo sobre un estudo que sostén que a raza galega é a menos mesturada de todo o Estado.
Ranciadas na "História de Galiza" de Manuel Murguia.
Ranciadas de Sabino Arana (o rei dos ráncios)
Os últimos celtas en chegar a Galiza, por Anselmo López Carreira.
Tentativas de rancear do cipaio traidor Manuel Fraga Iribarne
(Non te cortes e manda-nos un mail, agardamos ansiosos as tuas ranciadas)
En Irc-Hispano.org podes chatear no canal #raza_galega
NA GALIZA, EN GAÉLICO !!!!
Tamén podes deixar a tua ranciada no libro de visitas